Actividades deportivas en las Fiestas del Lázaro (19, 20, 21 de marzo)

Con motivo de las fiestas del Lázaro (que parece que quieren recuperar su "antiguo esplendor"), el Concello ha publicado su programa del cual os remarcamos las actividades DEPORTIVAS, entre las que destaca un partido de veteranos "Verín - Chaves - Depor" en el nuevo campo de A Granxa (???). Hemos "colgado el archivo en formato .pdf por si alguno quiere descargarlo y reenviarlo promocionando el Programa festivo.

Fuente: www.verin.es

Durante os días 19, 20 e 21 de marzo, a vila de Verín acollerá a tradicional celebración da Feira do Lázaro e a terceira edición do Certame Gastronómico ‘Vila de Verín’. Un evento que comprende, ademais da celebración relixiosa en honra a San Lázaro, a realización dunha serie de actividades culturais e lúdicas que transcorrerán en varias localizacións e que o converterán nun acontecemento completo e integrado destina a todos os públicos.

O Pavillón Municipal de Deportes de Verín acollerá durante as tres xornadas, de 11 a 21 horas e con entrada gratuíta, a realización da Feira do Lázaro, articulada en torno á artesanía e gastronomía, e contará con participantes de Galicia e o Norte de Portugal. Tamén no interior do pavillón se celebrará, por terceiro ano consecutivo, o concurso 'Cigarrón de Verín', aberto a alumnos de escolas de hostalería, profesionais e afeccionados. Como na anterior edición, os pratos presentados deben ser de creación propia e teñen que englobarse nunha das tres categorías existentes: prato principal, maridaxe e sobremesa. Ademais, no momento da presentación do prato, que será elaborado en show cooking -cociña en vivo, diante do público-, os concursantes deberán maridalos con viño da D.O. Monterrei. Os premios que se outorgarán aos participantes son os seguintes: “Gran Cigarrón” -na categoría de prato principal e cun valor de 600 euros, patrocinado polo Concello de Verín-, “Cigarrón Doce” -na de sobremesas, e cuxo valor ascende aos 300 euros, por AEVER (Asociación de Empresarios/as de Verín)- e “Denominación Origen Monterrei” -ao mellor maridaxe, dotado con 400 euros, apadriñado pola D.O. Monterrei-. As persoas interesadas en participar deberán remitir un fax (988-411900) ou correo electrónico a adl@verin.net ou nataliaglez@verin.net, achegando a súa inscrición e receita antes do 12 de marzo, ás 14 horas.

Ademais, e co obxectivo de seguir promocionando o potencial gastronómico da comarca, desde a Asociación de Hostaleiros da Comarca de Monterrei, en colaboración co Concello de Verín, apostouse por realizar unha ‘Exaltación do Bacallau e o Cabrito”, coa realización de menús nos restaurantes do municipio durante as tres xornadas, que inclúan estes dous produtos, por un prezo que oscila entre os 18 e 22 euros.

Por outra banda, e xa no apartado lúdico, no interior do Pavillón Municipal de Deportes de Verín tamén se realizarán obradoiros infantís e de adultos e unha ludoteca para os nenos e nenas que se acerquen ata a Feira do Lázaro. Ademais, os visitantes poderán degustar no ‘Bar de Augas da Eurocidade’ a auga dos mananciais minero-medicinais da zona e se lles ofertará información sobre as actividades e iniciativas realizadas no marco da Eurocidade Chaves-Verín.

Con todo, a festa de San Lázaro tamén se trasladará as rúas da localidade coa realización das seguintes actividades:
- Torneo de Fútbol 7 e Pádel, na Área deportiva A Granxa. (19 de marzo, mañá e tarde).
- II Concurso Social de Doma Clásica Eurocidade Chaves-Verín, no Club Hípico Monterrey de Queizás (19 marzo, a partir das 16 horas). Clausura concurso: Espectáculo Ecuestre a cargo de Juan Francisco Fernández Muñoz (xinete de Doma Clásica, Alta Escola e Doma Vaquera).
- Feira de Cans de Caza, na Lonxa Agropecuaria (20 de marzo, de 10 a 14 horas).
- Demostración de Trial Xuvenil na localidade de Ábedes (20 de marzo, de 16 a 18 horas).
- Torneo de Fútbol de Veteranos -Verín, Chaves e Deportivo de La Coruña- na Área deportiva A Granxa (20 de marzo, a partir das 17 horas).
- I Encontro Musical Vila de Verín, con charangas e bandas de música españolas e portuguesas (20 de marzo, de 19 a 21.30 horas).
- Actuación nocturna da orquestra Ledicia, na praza García Barbón (20 de marzo).
- Procesión de San Lázaro e misa na Igrexa Parroquial (21 de marzo, a partir das 11.30 horas).
- Rally turístico e de navegación -concentración automóbiles antigos, deportivos e motos vespa-, que percorrerán diferentes rúas da localidade 21 de marzo, de 11 a 14 horas).
- I Encontro Musical Vila de Verín, con charangas e bandas de música españolas e portuguesas. (21 de marzo, de 12 a 14 horas).
- Partido de fútbol de 3ª División: Verín-Ordes, no estadio José Arjiz (21 de marzo, ás 17.30 horas).
- Actuación vespertina da orquestra Los Players, na praza García Barbón (21 de marzo).

Fuente: www.verin.es

AttachmentSize
Programa Lázaro 2010.pdf237.63 KB