Partido destacado da canteira

O equipo infantil A que adestra Iván fixo a xesta da fin de semana contra o CD Ourense. Despois de fallar ata catro ocasións clarísimas de gol, foi ao descanso perdendo por 0-3, pero tras o ánimo dos rapaces e o apoio da afición (eran moitos os que foron ver a este equipo) deulle a volta ao marcador para ganarlle a CD Ourense por 5-3.